Non perdas a oportunidade de asistir a un dos máis importantes festivais folk nacionais e internacionais, que se celebran nun escenario único. O plan perfecto para gozar en familia ou amigos.
A 39 edición da Carballeira este ano celebrará un festival con un cartel cargado de sorpresas para todos os públicos e para todos os momentos dos dous días de festa
¡Agardámoste en Zas!
DATA
9 E 10 DE AGOSTO DE 2024
PREZOS
VENDA ANTICIPADA: Bono dous días 18 Euros / Entrada día 10 Euros
VENDA TAQUILLA MESMO DÍA: Bono dous días 20 Euros / Entrada día 12 Euros
Access policy
Menores de idade
Estaremos encantados de recibir a calquera menor de idade que queira gozar da Carballeira de Zas, pero precisa vir acompañada/o dun adulto responsable para poder entrar. Durante a súa estancia no recinto, o adulto será responsable de calquera acción que o menor realice.
Para que isto sexa posible, é necesario presentar no despacho de billetes do festival a seguinte documentación:
1.- Se o acompañante durante o festival é o pai/nai/titor legal
Tanto a/o menor como a/o acompañante deberán presentar o seu DNI / Libro de familia / Pasaporte de ámbolos dous ou documento legal que acredite a relación de responsabilidade sobre a/o menor.
2.- Se o acompañante durante o festival NON é o pai/nai/titor legal
Autorización do pai/nai ou titor legal da/o menor debidamente cuberta e acompañada de fotocopia de DNI / Libro de familia / Pasaporte de ambos. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)
En todo momento tanto a/o acompañante como a/o menor deberán levar o seu DNI / Pasaporte por se fose requirido por parte do persoal da organización para acreditar a súa identidade. No caso de cidadáns estranxeiros deberán aportar os documentos oportunos do seu país de orixe.
Tanto a autorización de asistencia como o certificado de responsabilidade poderán recollerse e cubrirse No despacho de billetes do recinto. Para evitar aglomeracións e sorpresas de última hora, dende a organización recomendamos descargar os documentos dende a nosa páxina web e cubrilos con calma, asegurándose encher todos os requisitos.
A Organización informa que a lexislación vixente prohibe expresamente a venda de alcol aos menores de idade. O menor deberá en todo momento levar o seu DNI.
A falta de cumprimento dos requisitos anteriores, será motivo de expulsión do recinto e non dará dereito á devolución do diñeiro abonado pola entrada da/o menor.
Os menores de 14 anos NON terán que pagar entrada pero SI que deberán cumprir todos os requisitos mencionados anteriormente.
We and our partners use our own and third-party cookies in order to offer you the service in a correct way, measure the visits made to our website and, in specific cases, show you advertising and allow you to share content on social networks. You can obtain more information about cookies by consulting our Cookies Policy.